10 febreiro 2026

CAMBIOS NA NOSA BIBLIOTECA

 Foron meses de traballo, ilusión e moitas ganas… e por fin podemos dicilo: a biblioteca do cole está aberta de novo.

Dende o curso pasado pertencemos ao PLAMBE e convertimos a nosa biblioteca nun espazo creativo de información, aprendizaxe e lecer.

 Grazas a todas as persoas que fixeron posible este novo espazo para aprender e soñar 📖💛



06 febreiro 2026

 I CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

MARTÍNEZ OTERO


Este curso a biblioteca convoca por primeira vez para o noso alumnado o concurso de Postais de Nadal. Destacamos a gran creatividade e coidado que adicaron os nosos alumnos e alumnas de tal xeito que todas elas foron enviadas ao concurso da Biblioteca do Concello saindo galardonadas 5 postais e sendo unha delas a premiada para representar a felicitación de Nadal do noso Concello.

Grazas a todos por participar.

Premiados no colexio:

                                                                           

Infantil:

Alba Santiso

María Pérez

Naiara Robles

Primaria:

Charlotte Otero

Zoe Ponte

Érika Longarela

ESO:

Iria Caselas

Laura Prendes


Premiados pola Biblioteca do Concello:

    PRIMARIA A (1º, 2º e 3º)

1º premio: Martín Níñez Díaz                      (Colexio Martínez Otero – 8 anos

2º premio: Zoe Ponte Collantes                   (Colexio Martínez Otero – 8 anos)

-          E.S.O. (1º, 2º, 3º e 4º)

1º premio: Iria Caselas Losada                     (Colexio Martínez Otero – 12 anos)

2º premio: Alba Moirón Basanta                 (Colexio Martínez Otero – 12 anos)

3º premio: Vega Mogo Luaces                     (Colexio Martínez Otero – 12 anos)




11 xaneiro 2026

NOVEMBRO MES DA CIENCIA NA ESCOLA


Durante todo o mes de novembro iniciamos todos os talleres relacionados coa ciencia, que continuaremos a realizar durante todo o curso. Dende  infantil, investigando no proxecto das Constelacións, en primaria coa Robótica en polos creativos, na ESO coa informática e as diferentes experiencias en Física e Quísica. Este achegamento axuda a comprender que a ciencia está ao alcance de todos e todas nas diferentes facetas da vida diaria.















CAMBIOS NA NOSA BIBLIOTECA  Foron meses de traballo, ilusión e moitas ganas… e por fin podemos dicilo: a biblioteca do cole está aberta de n...