11 xaneiro 2026

NOVEMBRO MES DA CIENCIA NA ESCOLA


Durante todo o mes de novembro iniciamos todos os talleres relacionados coa ciencia, que continuaremos a realizar durante todo o curso. Dende  infantil, investigando no proxecto das Constelacións, en primaria coa Robótica en polos creativos, na ESO coa informática e as diferentes experiencias en Física e Quísica. Este achegamento axuda a comprender que a ciencia está ao alcance de todos e todas nas diferentes facetas da vida diaria.















 25 N NA ESCOLA

O 25 de Novembro conmemoramos o Día internacional contra a violencia de Xénero. Para achegar máis se cabe a concienciación no noso alumnado, sacamos o noso rincón violeta con exemplares desta temática de interese dende infantil e Primaria hasta a ESO.

Do mesmo xeito, entre todos tecemos con nudos de fío violeta,  esta data no corredor do patio para que nos nosos desplazamentos lembremos que non só é cuestión dun día respectar a igualdade entre todos nós.










  Día de Rosalía 2026 Como non podía ser doutro xeito, no noso cole celebramos o día de Rosalía. Este ano facendo fincape no alumnado da ESO...