Horario Biblioteca

Horario Biblioteca

22 xuño 2026

 PREMIO Á ALUMNA MÁIS LECTORA 

Como cada ano ao final de curso repasamos como foi de lector o noso alumnado. Estamos moi orgullosos de todos eles, de como dinamizaron a bilioteca, como se preocuparon das novidades, de darnos ideas, de compartir experiencias lectoras.....Gustan de contarnos o que len na casa, cando van á librería que viron e se o podemos mercar, si van á biblioteca pública que novidades ven.....

Pero, nas nosas estadísticas este ano, por segundo ano consecutivo a alumna con máis préstamos foi 

JIMENA GONZÁLEZ BLÁQUEZ.

Noraboa!!! que as túas ansias pola lectura non decaian nunca.

Feliz Verán!!!


 FIN DE CURSO NA NOSA BIBLIOTECA


Xa rematamos outro curso de novidades na nosa biblioteca. Foi un ano de traballo duro, de aprendizaxes, de recompensas e de sorpresas. Tamén foi un ano de experiencias novas que nos fixeron gañar confianza e superarnos.

Unha parte importante foron os nosos voluntarios. Traballaron todo o curso para que a biblioteca estivera sempre a punto, estudando e organizando cada recuncho, formándose para levar a xestión, axudando aos compañeiros que precisaban información ou axuda. Sen eles todo sería máis complicado.

A semana pasada entregamoslles un pequeno agasallo como recompensa a ese traballo ben feito.
 

Grazas rapaces e rapazas !!! Esperamos a vosa continuación o curso que vén e que animedes a novos compañeiros a compartir esta experiencia.





12 xuño 2026

ENCONTRO CON SABELA FERNÁNDEZ TRELLES


No día de hoxe, o alumnado de 3º e 4º de primaria tiveron un fermoso encontro con Sabela Fernández Trelles, a autora do  libro que estiveron a disfrutar este ano, " A miña avoa, a miña heroína".

Este encontro  deunos unha grata sorpresa, pero para descubrila, teredes que ler o libro. Isto é o que nos da a aventura de ler, que nunca sabes os segredos que che agardan ao abrir as primerias páxinas.

Grazas Sabela, por compartilas con nós.










  PREMIO Á ALUMNA MÁIS LECTORA  Como cada ano ao final de curso repasamos como foi de lector o noso alumnado. Estamos moi orgullosos de todo...