15 outubro 2025

DÍA DAS ESCRITORAS

O pasado luns día 13, celebramos o día das escritoras. Moitas das nosas lecturas están baixo a creatividade e a maxia da pluma de moitas escritoras que comparten o seus soños con todos nós.

Nos nosos clubs de lectura, moitas das obras son de escritoras que fan espertar a imaxinación de todos os nenos e nenas que se sumerxen nas súas lecturas.

Compartimos o traballo dos nosos alumnos e alumnas de 3º de primaria no seu club onde están a traballar coa obra "A miña avoa, a miña heroína" de Sabela Fernández Trelles. 

Noraboa polo traballo ben feito!!









Ningún comentario:

Publicar un comentario

  Día de Rosalía 2026 Como non podía ser doutro xeito, no noso cole celebramos o día de Rosalía. Este ano facendo fincape no alumnado da ESO...