21 marzo 2025

 FORMACIÓN DE USUARIOS

Ao longo desta semana fixemos un recordatorio da formación de usuarios de biblioteca, para intentar organizar o uso e as oportunidades que nos brinda. Desta proposta sairon moitas ideas, suxerencias e descubrironse novas perspectivas que antes pasaban desapercibidas. 

Sobre todo os grupos máis pequenos, donde queremos formar unha boa base, participaron e mostraron unha nova ilusión para o funcionamento da biblio.

A presentación de Gavi, a motivación para o voluntariado de biblioteca, a animación nos clubs de lectura.....todo xerou unha grancuriosidade que esperamos se manteña no tempo.

Esperemos que destas propostas saian moitos lectores!!!!




SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA

Do 10 ao 14 de marzo, celebrouse a semana da prensa na escola.Durante esas xornadas os cursos  participaron en diversas actividades relacionadas sobre todo coa prensa escrita, un formato que cada vez escasea máis nos nosos fogares e que achega á lectura compresiva dende unha visión real. Na biblioteca ou nas aulas, desde infantil hasta a ESO todos quixeron disfrutar das novas máis cercanas cos nosos xornais.












 


O ENTROIDO

O alumnado de 6º de Primaria realizou un traballo cooperativo co CEIP Plurilingüe Rodolfo Nuñez Rodríguez sobre o coñecemento dos diferentes Entroidos na nosa communidade. Despois de contactar este centro có Martínez Otero, fixeron ámbolos dous centros un traballo de información sobre o entroido en cada zona, aprendendo costumes e festexos relacionados con esta festividade.

Esperamos que fose moi productivo e que este tipo de intercambios culturais sigan nas nosas aulas.

Aquí tedes un vídeo e un enlace para ver o traballo final.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprodolfonunhez/node/345



10 marzo 2025

 


A muller a través das obras literarias

Alicia en el país de las maravillas

Comenzamos o mes de Marzo, celebrando o día da muller o día 8, unha das actividades máis atractivas foi a realizada no noso club de lectura. A través da obra Alicia en el país de las maravillas, observouse o tratamento das personaxes femeninas nestas obras literarias.







  LETRAS GALEGAS 2025 AS CANTAREIRAS E A POESÍA POPULAR Durante a semana do 12 ao 16 de maio, no noso cole estivemos poñendo en valor o labo...