24 outubro 2025

24 de OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA


Hoxe conmemoramos o día das bibliotecas. A nosa, está en proceso de cambio con moitas sorpresas que prontiño descubriredes, seguide atentos para non perdervos todo o que está por vir!!!!.

Mentres, seguimos traballando e formando para que a lectura non deixe de ser un pilar importante nas futuras xeracións.

Baixo o lema deste ano "Contra a desinformación: bibliotecas".








15 outubro 2025

DÍA DAS ESCRITORAS

O pasado luns día 13, celebramos o día das escritoras. Moitas das nosas lecturas están baixo a creatividade e a maxia da pluma de moitas escritoras que comparten o seus soños con todos nós.

Nos nosos clubs de lectura, moitas das obras son de escritoras que fan espertar a imaxinación de todos os nenos e nenas que se sumerxen nas súas lecturas.

Compartimos o traballo dos nosos alumnos e alumnas de 3º de primaria no seu club onde están a traballar coa obra "A miña avoa, a miña heroína" de Sabela Fernández Trelles. 

Noraboa polo traballo ben feito!!









13 outubro 2025

As nosas voluntarias

 AS NOSAS VOLUNTARIAS



Dende o curso pasado temos un grupo de voluntarias e voluntarios que colaboran para que a nosa bilioteca esté sempre no seu punto máis alto. Son un gran apoio e orgullo para nós, a súa labor fai que cada día vexamos o noso soño cumplido. A biblioteca nestes intres está nun proceso de cambio pero elas están ahí aprendendo, colaborando, sendo un pilar importante para que siga  en funcionamento o fomento da lectura no colexio.
A Biblioteca  está a dar un cambio e a súa colaboración é fundamental!!!
Grazas por todo!!!!!







03 outubro 2025

REFORMAS NA BIBLIOTECA

                                               REFORMAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR

Comenzado xa  un novo curso, a nosa biblioteca permanece pechada para levar a cabo un gran cambio. O feito de entrar o curso pasado no PLAMBE, deunos o impulso necesario para levar a cabo esa posta ao día que tanto necesitaba. 
Pero a nosa biblioteca non nace ahora, senon que se moderniza e amplía.
 Dende a creación da Fundación Martínez Otero, todo o legado bibliotecario dos nosos fundadores permanece no noso centro e que seguiremos a custodiar como se merece.
Mentres,  toca a esperar estes novos cambios para facer desta estancia un lugar ONDE APRENDER É VIVIR.
Continuará.....





CAMBIOS NA NOSA BIBLIOTECA  Foron meses de traballo, ilusión e moitas ganas… e por fin podemos dicilo: a biblioteca do cole está aberta de n...