27 febreiro 2025

 DÍA DE ROSALÍA NA NOSA ESCOLA

 O pasado luns día 24, celebramos no colexio o Día de Rosalía. Foi un día no que dende infantil hasta a ESO, quixemos rendir unha homenaxe a unha das mulleres que máis influeu na cultura galega, como muller, como escritora, como loitadora en prol da lingua que a viu nacer. 

Có caldo de Gloria, do que Rosalía fala no poema " Miña casiña, meu lar", quixemos transmitir esa importante laboura coa que as nosas cociñeiras transforman a escola nun fogar, ese fogar do que Rosalía fala e que lle quenta o corpo.

Fixemos unha visita virtual á casa de Rosalía onde puidemos apreciar as antigas estancias e diferentes mobles que non coñeciamos.
















12 febreiro 2025

 DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA


Durante a semana do 10 ao 14 de febreiro, traballamos na biblioteca e nas aulas a importante labor da muller no mundo da ciencia. Mostrar exemplos en todas as categorías científicas para as nosas nenas e a súas capacidades como persoas en todos os ámbitos, é unha parte importante da educación.

A vida non é fácil  para ningún de nós. Pero… ¡Qué importa! Hai que perseverar e, sobre todo, ter confianza nun mesmo. Hai que sentirse dotado para realizar algunha cousa e que esa cousa hai que alcanzala, coste o que coste.

                                                                                         Marie Curie









11 febreiro 2025



             DÍA DA PAZ NO COLE

O pasado venres día 31 de Xaneiro celebramos no noso cole o Día da Paz. Foi un día moi divertido cheo de aprendizaxes. Dende ben cedo todo o profesorado implicouse na preparación dos globos para os máis pequenos. Saímos á parroquia para compartir unha Eucaristía, de volta ao cole limos un manifesto e os máis pequenos fixeron a tradicional solta de globos mentres primaria sostiña a gran pancarta feita por todos nós. Rematando a mañá có gran xogo polo noso pobo.
















  LETRAS GALEGAS 2025 AS CANTAREIRAS E A POESÍA POPULAR Durante a semana do 12 ao 16 de maio, no noso cole estivemos poñendo en valor o labo...