27 febreiro 2025

 DÍA DE ROSALÍA NA NOSA ESCOLA

 O pasado luns día 24, celebramos no colexio o Día de Rosalía. Foi un día no que dende infantil hasta a ESO, quixemos rendir unha homenaxe a unha das mulleres que máis influeu na cultura galega, como muller, como escritora, como loitadora en prol da lingua que a viu nacer. 

Có caldo de Gloria, do que Rosalía fala no poema " Miña casiña, meu lar", quixemos transmitir esa importante laboura coa que as nosas cociñeiras transforman a escola nun fogar, ese fogar do que Rosalía fala e que lle quenta o corpo.

Fixemos unha visita virtual á casa de Rosalía onde puidemos apreciar as antigas estancias e diferentes mobles que non coñeciamos.
















Ningún comentario:

Publicar un comentario

  Día de Rosalía 2026 Como non podía ser doutro xeito, no noso cole celebramos o día de Rosalía. Este ano facendo fincape no alumnado da ESO...