Horario Biblioteca

Horario Biblioteca

28 abril 2026

Abril mes do libro

Durante todo o mes de Abril estivemos a facer diferentes actividades para celebrar a importancia dos libros en todos os ámbitos da nosa vida. Na escola, na casa, no tempo de lecer.... Dende hai moitos anos, no noso colexio, a revista Vieiro cobra especial interese cada trimestre mostrando un traballo constante de relación da escritura e a lectura. Este ano con motivo do Día do libro quixemos lembrar todo ese traballo e valorar a todas aquelas persoas que o fan posible, cunha pequena mostra dos Vieiros dende o comenzo.

Grazas aos que nos doaron exemplares antigos, aos antigos profes que nos deixaron parte da súa particular colección e a todos os alumnos, profesores....que fan posible que Vieiro sega publicándose cada trimestre coa mesma ilusión.

Os máis pequenos tiveron a sorte de contar con dous contacontos, un cheo de maxia e cor e outro protagonizado pola nosa alumna de primaria Sabela Alvite, que nos deleitou cunha historia chea de creatividade, usando a sorprendente técnica da papiroflexia.






  PREMIO Á ALUMNA MÁIS LECTORA  Como cada ano ao final de curso repasamos como foi de lector o noso alumnado. Estamos moi orgullosos de todo...