Horario Biblioteca

Horario Biblioteca

22 xuño 2026

 FIN DE CURSO NA NOSA BIBLIOTECA


Xa rematamos outro curso de novidades na nosa biblioteca. Foi un ano de traballo duro, de aprendizaxes, de recompensas e de sorpresas. Tamén foi un ano de experiencias novas que nos fixeron gañar confianza e superarnos.

Unha parte importante foron os nosos voluntarios. Traballaron todo o curso para que a biblioteca estivera sempre a punto, estudando e organizando cada recuncho, formándose para levar a xestión, axudando aos compañeiros que precisaban información ou axuda. Sen eles todo sería máis complicado.

A semana pasada entregamoslles un pequeno agasallo como recompensa a ese traballo ben feito.
 

Grazas rapaces e rapazas !!! Esperamos a vosa continuación o curso que vén e que animedes a novos compañeiros a compartir esta experiencia.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

  PREMIO Á ALUMNA MÁIS LECTORA  Como cada ano ao final de curso repasamos como foi de lector o noso alumnado. Estamos moi orgullosos de todo...