10 decembro 2024

 

BENVIDOS Á NOSA BIBLIOTECA





 

Dende hai moitos anos, o noso cole conta cunha gran biblioteca na que se gardan verdadeiros tesouros históricos e literarios.

 

Dende os nosos fundadores, que doaron a súa biblioteca, ata hoxe, coidouse con esmero a importancia da lectura para acadar coñecemento. Pero nada disto sería posible sen o importante coidado e dedicación do noso profesorado.

 

Os cambios realizados na sociedade, na educación e no noso alumnado fixeron que, despois de pasar por unha pandemia que nos obrigou a pechar as portas, a nosa biblioteca cambiara con eles. Pouco a pouco imos adaptándonos aos cambios e necesidades da nosa comunidade educativa.

 

Clasificamos fondos, reconvertendo espazos para crear unha biblioteca histórica. Actualizamos fondos para que, con contidos máis inclusivos, poidamos chegar a todos e todas. Readaptamos espazos para que non só sexa un lugar para ler e estudar senón tamén para crear, imaxinar e compartir.

 

Démoslle un nome: “O Pozo dos Libros”, pola súa característica tan especial.

 

Buscamos unha mascota, “Gavi”, unha gaivota moi curiosa que vai e vén polos espazos do noso cole.

 

E un club de lectura nunca pode faltar: “Capítulo Cero”.

 

Desde este blog intentaremos dar a coñecer as novas, as actividades, os logros e todo aquilo relacionado coa nosa biblioteca e, sobre todo, co noso cole.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

  LETRAS GALEGAS 2025 AS CANTAREIRAS E A POESÍA POPULAR Durante a semana do 12 ao 16 de maio, no noso cole estivemos poñendo en valor o labo...