Durante o primeiro trimestre o noso alumnado tivo a oportunidade de mergullarse nas fascinantes historias de "O xeito das froitas" e " Un choque inesperado, ambos escritos pola talentosa autora María Reimóndez. A lectura destes libros non só estimulou a imaxinación dos nosos estudantes, senón que tamén fomentouno amor pola literatura galega e deu pé a abordar temas como o valor da familia, a solidariedade, a diversidade e uso das novas tecnoloxías, entre outros.
Para completar esta experiencia, tivemos a honra de recibir a María Reimóndez no noso centro educativo. A súa visita foi unha ocasión única para que os rapaces puidesen coñecer de primeira man o proceso creativo detrás das súas obras e compartir as súas impresións.
Grazas María, por inspirar aos nosos mozos e mozas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario