Horario Biblioteca

Horario Biblioteca

12 xuño 2026

 CHARLA DE XURXO MARIÑO


A onde nos levarán os corredores deste colexio? 🏫
Houbo unha persoa á que todo iso o levou a viaxar polo mundo e, sobre todo, a viaxar pola ciencia. Esa persoa vén recibir o premio da RAG en divulgación científica e hoxe tivemos a sorte de telo con nós.
Voltou á súa casa Xurxo Mariño.

Co alumnado de Primaria amosou como foi a súa viaxe ao redor do mundo durante 11 meses e todas as marabillas que nela se foi atopando. 🌍
Máis tarde, na quenda dos nenos e nenas de Secundaria, explicou o desenvolvemento da linguaxe no noso cerebro. 🧠

Que contentos estamos de todos os recoñecementos que tiveches e estás a ter, e máis aínda de que queiras compartilos con nós. Moitas grazas, Xurxo. 🤗

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENCONTRO CON SABELA FERNÁNDEZ TRELLES No día de hoxe, o alumnado de 3º e 4º de primaria tiveron un fermoso encontro con Sabela Fernández Tre...