Horario Biblioteca

Horario Biblioteca

11 abril 2025

 QUE VIDA TEN A NOSA BIBLIOTECA!!!!!

Os recreos na nosa biblioteca teñen moita vida. Os nenos e nenas do Martínez Otero encontran neste lugar unha zona para compartir, aprender e divertirse. A biblioteca cobra vida cando se enche coa súa presencia!!!







02 abril 2025

 O NOSO TRABALLO COOPERATIVO

Dentro da sesión da titoría de 5º de Primaria o luns, fixeron unha práctica de escritura creativa, onde unha das principais propostas foi a elaboraciónn dunha historia que partía de catro ideas principais que daba o titor. Este traballo tiña que realizarse en grupo tendo en conta as ideas de todos os compoñentes. Valorar as ideas dos compañeiros, escoitar as diferentes propostas e redactar a historia con coherencia foron puntos claves a valorar despois da redacción. 





01 abril 2025


 VISITA MARIA REIMONDEZ

Durante o primeiro trimestre o noso alumnado tivo a oportunidade de mergullarse nas fascinantes historias de "O xeito das froitas"  e " Un  choque inesperado, ambos escritos pola talentosa autora María Reimóndez. A lectura destes libros  non só estimulou a imaxinación dos nosos estudantes, senón que tamén fomentouno amor pola literatura galega e deu pé a abordar temas como o valor da familia, a solidariedade, a diversidade e uso das novas tecnoloxías, entre outros.

Para completar esta experiencia, tivemos a honra de recibir a María Reimóndez no noso centro educativo. A súa visita foi unha ocasión única para que os rapaces puidesen coñecer de primeira man o proceso creativo detrás das súas obras e compartir as súas impresións.

Grazas María, por inspirar aos nosos mozos e mozas!



  



  



  PREMIO Á ALUMNA MÁIS LECTORA  Como cada ano ao final de curso repasamos como foi de lector o noso alumnado. Estamos moi orgullosos de todo...