Horario Biblioteca

Horario Biblioteca

14 maio 2025

 

CONVERSAMOS CON.....

CARMELA LÓPEZ (Alcadesa de Burela)


Desde as materias de linguas, estivemos a traballar na técnica da entrevista e a expresión oral, e hoxe o alumnado de terceiro ciclo de Primaria tivo a incrible oportunidade de levalo á práctica. Contamos coa presenza da alcaldesa da veciña vila de Burela, quen compartiu con nós aspectos da súa vida persoal e profesional. Foi un momento enriquecedor no que os estudantes puideron coñecer o seu día a día e mesmo enfrontarse a ela nalgúns retos como o divertido “deletreo colexial”. Que ben o pasamos!


Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento pola súa colaboración e o interese mostrado nesta actividade. 


Moitas grazas, @carmelalopez.burela! 🌟















 



 



08 maio 2025

 

DIA CONTRA O ACOSO ESCOLAR E O BULLYING

Esta semana utilizamos a prensa para tratar un tema que nos preocupa e queremos tratar nas nosas aulas para chegar máis aló dun aspecto académico. 

O concello de Foz, facilitounos exemplares do xornal  EL PROGRESO,no que aparecía un artigo adicado a esta temática, para traballar nas aulas polo día contra o acoso escolar. 

En 6º de primaria analizaron esta nova de prensa sobre o bullying e realizaron un esquema por grupos coa tipoloxía, ámbitos, causas e consecuencias. Con esta posta en práctica, ademáis de tratar esta importante parte da educación volvemos a traballar de maneira cooperativa cós nosos compañeiros.






25 abril 2025


DÍA DO LIBRO

Durante a semana do 22 ao 25 de Abril celebramos a semana do Libro no cole con diversas actividades para conmemorar o Día do Libro.

Durante esta semana os Bos Días por megafonía, son realizados polo alumnado facendo referencia a diferentes cuestións desta conmemoración.

Fixeronse lecturas compartidas interciclos (Primaria/infantil), visitas á Biblioteca Municipal Salgado Toimil, ..... Case todas estas actividades terán unha continuidade ao longo do mes de Maio, hasta rematar na Semana das Letras Galegas.















  PREMIO Á ALUMNA MÁIS LECTORA  Como cada ano ao final de curso repasamos como foi de lector o noso alumnado. Estamos moi orgullosos de todo...