14 maio 2025

 

CONVERSAMOS CON.....

CARMELA LÓPEZ (Alcadesa de Burela)


Desde as materias de linguas, estivemos a traballar na técnica da entrevista e a expresión oral, e hoxe o alumnado de terceiro ciclo de Primaria tivo a incrible oportunidade de levalo á práctica. Contamos coa presenza da alcaldesa da veciña vila de Burela, quen compartiu con nós aspectos da súa vida persoal e profesional. Foi un momento enriquecedor no que os estudantes puideron coñecer o seu día a día e mesmo enfrontarse a ela nalgúns retos como o divertido “deletreo colexial”. Que ben o pasamos!


Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento pola súa colaboración e o interese mostrado nesta actividade. 


Moitas grazas, @carmelalopez.burela! 🌟















 



 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

  Día de Rosalía 2026 Como non podía ser doutro xeito, no noso cole celebramos o día de Rosalía. Este ano facendo fincape no alumnado da ESO...