Horario Biblioteca

Horario Biblioteca

12 xuño 2026

ENCONTRO CON SABELA FERNÁNDEZ TRELLES


No día de hoxe, o alumnado de 3º e 4º de primaria tiveron un fermoso encontro con Sabela Fernández Trelles, a autora do  libro que estiveron a disfrutar este ano, " A miña avoa, a miña heroína".

Este encontro  deunos unha grata sorpresa, pero para descubrila, teredes que ler o libro. Isto é o que nos da a aventura de ler, que nunca sabes os segredos que che agardan ao abrir as primerias páxinas.

Grazas Sabela, por compartilas con nós.










 CHARLA DE XURXO MARIÑO


A onde nos levarán os corredores deste colexio? 🏫
Houbo unha persoa á que todo iso o levou a viaxar polo mundo e, sobre todo, a viaxar pola ciencia. Esa persoa vén recibir o premio da RAG en divulgación científica e hoxe tivemos a sorte de telo con nós.
Voltou á súa casa Xurxo Mariño.

Co alumnado de Primaria amosou como foi a súa viaxe ao redor do mundo durante 11 meses e todas as marabillas que nela se foi atopando. 🌍
Máis tarde, na quenda dos nenos e nenas de Secundaria, explicou o desenvolvemento da linguaxe no noso cerebro. 🧠

Que contentos estamos de todos os recoñecementos que tiveches e estás a ter, e máis aínda de que queiras compartilos con nós. Moitas grazas, Xurxo. 🤗

15 maio 2026

ANIMACIÓN Á LECTURA EN PRIMARIA

O pasado 30 de Abril, o alumnado de 2º ciclo de Primaria recibiu unha visita moi especial: unha animadora á lectura que nos fixo viaxar sen sair da aula. 

Divididos por equipos, os nenos e nenas demostraron ser auténticos expertos en "La bicicleta es mía" de Carlos Peramo. A través dun emocionante xogo de preguntas e respostas, adiviñaron todos os detalles do libro.

Pero a cousa non quedou aí!!Para rematar a sesión, convertéronse en pequenos actores e actrices dramatizando as escenas máis divertidas da historia.









  PREMIO Á ALUMNA MÁIS LECTORA  Como cada ano ao final de curso repasamos como foi de lector o noso alumnado. Estamos moi orgullosos de todo...