CHARLA DE XURXO MARIÑO
Horario Biblioteca
12 xuño 2026
A onde nos levarán os corredores deste colexio? 🏫
Houbo unha persoa á que todo iso o levou a viaxar polo mundo e, sobre todo, a viaxar pola ciencia. Esa persoa vén recibir o premio da RAG en divulgación científica e hoxe tivemos a sorte de telo con nós.
Voltou á súa casa Xurxo Mariño.
Co alumnado de Primaria amosou como foi a súa viaxe ao redor do mundo durante 11 meses e todas as marabillas que nela se foi atopando. 🌍
Máis tarde, na quenda dos nenos e nenas de Secundaria, explicou o desenvolvemento da linguaxe no noso cerebro. 🧠
Que contentos estamos de todos os recoñecementos que tiveches e estás a ter, e máis aínda de que queiras compartilos con nós. Moitas grazas, Xurxo. 🤗
15 maio 2026
ANIMACIÓN Á LECTURA EN PRIMARIA
O pasado 30 de Abril, o alumnado de 2º ciclo de Primaria recibiu unha visita moi especial: unha animadora á lectura que nos fixo viaxar sen sair da aula.
Divididos por equipos, os nenos e nenas demostraron ser auténticos expertos en "La bicicleta es mía" de Carlos Peramo. A través dun emocionante xogo de preguntas e respostas, adiviñaron todos os detalles do libro.
Pero a cousa non quedou aí!!Para rematar a sesión, convertéronse en pequenos actores e actrices dramatizando as escenas máis divertidas da historia.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
PREMIO Á ALUMNA MÁIS LECTORA Como cada ano ao final de curso repasamos como foi de lector o noso alumnado. Estamos moi orgullosos de todo...
-
LETRAS GALEGAS 2025 AS CANTAREIRAS E A POESÍA POPULAR Durante a semana do 12 ao 16 de maio, no noso cole estivemos poñendo en valor o labo...
-
DÍA DAS ESCRITORAS O pasado luns día 13, celebramos o día das escritoras. Moitas das nosas lecturas están baixo a creatividade e a maxia da ...
-
NOVIDADES Comenzamos o 2º trismestre con moitas cousas novas, unha delas é a nova colección de fondos en lectura fácil. Lecturas obligat...
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)


.jpeg)