Horario Biblioteca

Horario Biblioteca

22 xuño 2026

 PREMIO Á ALUMNA MÁIS LECTORA 

Como cada ano ao final de curso repasamos como foi de lector o noso alumnado. Estamos moi orgullosos de todos eles, de como dinamizaron a bilioteca, como se preocuparon das novidades, de darnos ideas, de compartir experiencias lectoras.....Gustan de contarnos o que len na casa, cando van á librería que viron e se o podemos mercar, si van á biblioteca pública que novidades ven.....

Pero, nas nosas estadísticas este ano, por segundo ano consecutivo a alumna con máis préstamos foi 

JIMENA GONZÁLEZ BLÁQUEZ.

Noraboa!!! que as túas ansias pola lectura non decaian nunca.

Feliz Verán!!!


 FIN DE CURSO NA NOSA BIBLIOTECA


Xa rematamos outro curso de novidades na nosa biblioteca. Foi un ano de traballo duro, de aprendizaxes, de recompensas e de sorpresas. Tamén foi un ano de experiencias novas que nos fixeron gañar confianza e superarnos.

Unha parte importante foron os nosos voluntarios. Traballaron todo o curso para que a biblioteca estivera sempre a punto, estudando e organizando cada recuncho, formándose para levar a xestión, axudando aos compañeiros que precisaban información ou axuda. Sen eles todo sería máis complicado.

A semana pasada entregamoslles un pequeno agasallo como recompensa a ese traballo ben feito.
 

Grazas rapaces e rapazas !!! Esperamos a vosa continuación o curso que vén e que animedes a novos compañeiros a compartir esta experiencia.





12 xuño 2026

ENCONTRO CON SABELA FERNÁNDEZ TRELLES


No día de hoxe, o alumnado de 3º e 4º de primaria tiveron un fermoso encontro con Sabela Fernández Trelles, a autora do  libro que estiveron a disfrutar este ano, " A miña avoa, a miña heroína".

Este encontro  deunos unha grata sorpresa, pero para descubrila, teredes que ler o libro. Isto é o que nos da a aventura de ler, que nunca sabes os segredos que che agardan ao abrir as primerias páxinas.

Grazas Sabela, por compartilas con nós.










 CHARLA DE XURXO MARIÑO


A onde nos levarán os corredores deste colexio? 🏫
Houbo unha persoa á que todo iso o levou a viaxar polo mundo e, sobre todo, a viaxar pola ciencia. Esa persoa vén recibir o premio da RAG en divulgación científica e hoxe tivemos a sorte de telo con nós.
Voltou á súa casa Xurxo Mariño.

Co alumnado de Primaria amosou como foi a súa viaxe ao redor do mundo durante 11 meses e todas as marabillas que nela se foi atopando. 🌍
Máis tarde, na quenda dos nenos e nenas de Secundaria, explicou o desenvolvemento da linguaxe no noso cerebro. 🧠

Que contentos estamos de todos os recoñecementos que tiveches e estás a ter, e máis aínda de que queiras compartilos con nós. Moitas grazas, Xurxo. 🤗

15 maio 2026

ANIMACIÓN Á LECTURA EN PRIMARIA

O pasado 30 de Abril, o alumnado de 2º ciclo de Primaria recibiu unha visita moi especial: unha animadora á lectura que nos fixo viaxar sen sair da aula. 

Divididos por equipos, os nenos e nenas demostraron ser auténticos expertos en "La bicicleta es mía" de Carlos Peramo. A través dun emocionante xogo de preguntas e respostas, adiviñaron todos os detalles do libro.

Pero a cousa non quedou aí!!Para rematar a sesión, convertéronse en pequenos actores e actrices dramatizando as escenas máis divertidas da historia.










 EDUCACIÓN SECUNDARIA NO TEATRO CLÁSICO


A finais de Abril, o alumnado de 3º da ESO aistiu á representación teatral do Lazarillo de Tormes na Sala Bahía do Concello.

Agradecemos ao Concello de Foz esta inciativa, que achega a rapazada aos clásicos da literatura dun xeito moi atractivo e dinámico.


       

       
       




 VISITA 1º CICLO  DE PRIMARIA Á BIBLIOTECA

SALGADO TOIMIL

Có motivo do Día do libro e Letras Galegas, o alumnado de 1º ciclo de primaria visitou a Biblioteca Salgado Toimil do Concello. Alí puideron profundizar na busca dos temas dentro dos libros guiados pola nosa bibliotecaria Marta.

O camiño hacia a lectura faise achegándonos aos libros.







28 abril 2026

Abril mes do libro

Durante todo o mes de Abril estivemos a facer diferentes actividades para celebrar a importancia dos libros en todos os ámbitos da nosa vida. Na escola, na casa, no tempo de lecer.... Dende hai moitos anos, no noso colexio, a revista Vieiro cobra especial interese cada trimestre mostrando un traballo constante de relación da escritura e a lectura. Este ano con motivo do Día do libro quixemos lembrar todo ese traballo e valorar a todas aquelas persoas que o fan posible, cunha pequena mostra dos Vieiros dende o comenzo.

Grazas aos que nos doaron exemplares antigos, aos antigos profes que nos deixaron parte da súa particular colección e a todos os alumnos, profesores....que fan posible que Vieiro sega publicándose cada trimestre coa mesma ilusión.

Os máis pequenos tiveron a sorte de contar con dous contacontos, un cheo de maxia e cor e outro protagonizado pola nosa alumna de primaria Sabela Alvite, que nos deleitou cunha historia chea de creatividade, usando a sorprendente técnica da papiroflexia.






13 marzo 2026

 Día de Rosalía 2026

Como non podía ser doutro xeito, no noso cole celebramos o día de Rosalía. Este ano facendo fincape no alumnado da ESO. Dende o departamento de Dinamización Lingüística levaron a cabo diferentes actividades para non esquecer a presonalidade da nosa Rosalía.



10 febreiro 2026

CAMBIOS NA NOSA BIBLIOTECA

 Foron meses de traballo, ilusión e moitas ganas… e por fin podemos dicilo: a biblioteca do cole está aberta de novo.

Dende o curso pasado pertencemos ao PLAMBE e convertimos a nosa biblioteca nun espazo creativo de información, aprendizaxe e lecer.

 Grazas a todas as persoas que fixeron posible este novo espazo para aprender e soñar 📖💛



06 febreiro 2026

 I CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

MARTÍNEZ OTERO


Este curso a biblioteca convoca por primeira vez para o noso alumnado o concurso de Postais de Nadal. Destacamos a gran creatividade e coidado que adicaron os nosos alumnos e alumnas de tal xeito que todas elas foron enviadas ao concurso da Biblioteca do Concello saindo galardonadas 5 postais e sendo unha delas a premiada para representar a felicitación de Nadal do noso Concello.

Grazas a todos por participar.

Premiados no colexio:

                                                                           

Infantil:

Alba Santiso

María Pérez

Naiara Robles

Primaria:

Charlotte Otero

Zoe Ponte

Érika Longarela

ESO:

Iria Caselas

Laura Prendes


Premiados pola Biblioteca do Concello:

    PRIMARIA A (1º, 2º e 3º)

1º premio: Martín Níñez Díaz                      (Colexio Martínez Otero – 8 anos

2º premio: Zoe Ponte Collantes                   (Colexio Martínez Otero – 8 anos)

-          E.S.O. (1º, 2º, 3º e 4º)

1º premio: Iria Caselas Losada                     (Colexio Martínez Otero – 12 anos)

2º premio: Alba Moirón Basanta                 (Colexio Martínez Otero – 12 anos)

3º premio: Vega Mogo Luaces                     (Colexio Martínez Otero – 12 anos)




11 xaneiro 2026

NOVEMBRO MES DA CIENCIA NA ESCOLA


Durante todo o mes de novembro iniciamos todos os talleres relacionados coa ciencia, que continuaremos a realizar durante todo o curso. Dende  infantil, investigando no proxecto das Constelacións, en primaria coa Robótica en polos creativos, na ESO coa informática e as diferentes experiencias en Física e Quísica. Este achegamento axuda a comprender que a ciencia está ao alcance de todos e todas nas diferentes facetas da vida diaria.















 25 N NA ESCOLA

O 25 de Novembro conmemoramos o Día internacional contra a violencia de Xénero. Para achegar máis se cabe a concienciación no noso alumnado, sacamos o noso rincón violeta con exemplares desta temática de interese dende infantil e Primaria hasta a ESO.

Do mesmo xeito, entre todos tecemos con nudos de fío violeta,  esta data no corredor do patio para que nos nosos desplazamentos lembremos que non só é cuestión dun día respectar a igualdade entre todos nós.










24 outubro 2025

24 de OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA


Hoxe conmemoramos o día das bibliotecas. A nosa, está en proceso de cambio con moitas sorpresas que prontiño descubriredes, seguide atentos para non perdervos todo o que está por vir!!!!.

Mentres, seguimos traballando e formando para que a lectura non deixe de ser un pilar importante nas futuras xeracións.

Baixo o lema deste ano "Contra a desinformación: bibliotecas".








15 outubro 2025

DÍA DAS ESCRITORAS

O pasado luns día 13, celebramos o día das escritoras. Moitas das nosas lecturas están baixo a creatividade e a maxia da pluma de moitas escritoras que comparten o seus soños con todos nós.

Nos nosos clubs de lectura, moitas das obras son de escritoras que fan espertar a imaxinación de todos os nenos e nenas que se sumerxen nas súas lecturas.

Compartimos o traballo dos nosos alumnos e alumnas de 3º de primaria no seu club onde están a traballar coa obra "A miña avoa, a miña heroína" de Sabela Fernández Trelles. 

Noraboa polo traballo ben feito!!









  PREMIO Á ALUMNA MÁIS LECTORA  Como cada ano ao final de curso repasamos como foi de lector o noso alumnado. Estamos moi orgullosos de todo...