Horario Biblioteca

Horario Biblioteca

15 maio 2025

 LER AXUDA A MEDRAR

Cada vez que abres un libro, a maxia comenza no noso cerebro, as neuronas comenzan a xogar e a imaxinación cobra vida na nosa mente. Un mundo persoal e único, que crea cada un de nós ao centrarnos na historia, o tempo pasa rápido cando nos trasladamos dentro dela. A aprendizaxe cobra vida de maneira involuntaria. 

Antes de durmir, a lectura relaxa a mente reducindo o estrés e a ansiedade, fomentamos a conexión interior para chegar a un sono reparador, mellorando a calidade a súa calidade.

Ao ler disminuimos a exposición a pantallas logrando un aumento da melatonina mellorando o teu ciclo natural de sono.

Colle un libro antes de durmir  e recupera a túa calma!!!












14 maio 2025

 

CONVERSAMOS CON.....

CARMELA LÓPEZ (Alcadesa de Burela)


Desde as materias de linguas, estivemos a traballar na técnica da entrevista e a expresión oral, e hoxe o alumnado de terceiro ciclo de Primaria tivo a incrible oportunidade de levalo á práctica. Contamos coa presenza da alcaldesa da veciña vila de Burela, quen compartiu con nós aspectos da súa vida persoal e profesional. Foi un momento enriquecedor no que os estudantes puideron coñecer o seu día a día e mesmo enfrontarse a ela nalgúns retos como o divertido “deletreo colexial”. Que ben o pasamos!


Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento pola súa colaboración e o interese mostrado nesta actividade. 


Moitas grazas, @carmelalopez.burela! 🌟















 



 



08 maio 2025

 

DIA CONTRA O ACOSO ESCOLAR E O BULLYING

Esta semana utilizamos a prensa para tratar un tema que nos preocupa e queremos tratar nas nosas aulas para chegar máis aló dun aspecto académico. 

O concello de Foz, facilitounos exemplares do xornal  EL PROGRESO,no que aparecía un artigo adicado a esta temática, para traballar nas aulas polo día contra o acoso escolar. 

En 6º de primaria analizaron esta nova de prensa sobre o bullying e realizaron un esquema por grupos coa tipoloxía, ámbitos, causas e consecuencias. Con esta posta en práctica, ademáis de tratar esta importante parte da educación volvemos a traballar de maneira cooperativa cós nosos compañeiros.






  PREMIO Á ALUMNA MÁIS LECTORA  Como cada ano ao final de curso repasamos como foi de lector o noso alumnado. Estamos moi orgullosos de todo...